Temos dispoñibles para consulta 169 convocatorias
Seminario Investigación e crítica na LIX (2004 - 2024)
11/03/2024 12:30 Formación

Promovido pola Rede LIJMI conxuntamente co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

XXXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras
05/03/2024 10:30 Formación

Organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. 

III Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
05/03/2024 10:00 Premios e certames

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a terceira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

28/02/2024 08:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato
23/01/2024 08:00 Premios e certames

A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2023-2024 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

I Premio Internacional de Estudos Galegos
26/12/2023 12:15 Premios e certames

Co obxectivo de ampliar de apoiar a investigación que se ven realizando polo mundo fora a Asociación Internacional de Estudos Galegos lanza o I Premio Internacional de Estudos Galegos.

II Premio de Oratoria en Formato Podcast
23/11/2023 10:25 Premios e certames

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o II Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

Xornadas Mar por Medio
16/11/2023 10:00 Formación

A localidade de Ribadeo acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a XVIII edición.

XIX Xornada de Normalización Lingüística
13/11/2023 10:00 Formación

A XIX Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados.