Temos dispoñibles para consulta 169 convocatorias
Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2022-2023
03/07/2023 10:25 Premios e certames

Resolución da XI edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.

23/06/2023 09:45 Axudas

ORDE do 16 de decembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento PL500B).

XXIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
13/06/2023 08:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

V Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O Vello dos Contos»
07/06/2023 10:45 Premios e certames

Convócase o V Certame de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas!

07/06/2023 08:20 Axudas

ORDE do 16 de decembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento PL500A).

Resolución do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
02/06/2023 09:35 Premios e certames

Co motivo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o IV PREMIO FINA CASALDERREY de Literatura Infantil pola igualdade

Certame Ouff Escola 2023
25/04/2023 10:00 Premios e certames

O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Lingua de Namorar 2023
24/04/2023 09:00 Premios e certames

As consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Política Social e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

XI Certame de Relatos Breves Feiraco. Letras Galegas 2023. Edición Falarei
19/04/2023 10:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco lanzan un ano máis a campaña das Letras Galegas 2023, na que se inclúen unha serie de accións de dinamización da lingua galega coas que a cooperativa agrogandeira galega se suma á festa do 17 de maio desde o ámbito socioeconómico, entre elas o XI Certame de Certame de Relatos Breves Feiraco. Letras Galegas 2023.

PRAZO: Amplíase o prazo ata o 9 de xuño de 2023.
Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato
29/03/2023 08:45 Premios e certames

A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2022-2023 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.