Temos dispoñibles para consulta 136 contidos
02/06/2021 09:00 Axudas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A)

Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias
16/04/2021 16:35 Formación

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, Xela Arias.

PRAZO: Inscricións ata o 21 de abril de 2021.
Lingua de namorar 2021: mensaxes gañadoras
16/04/2021 16:00 Premios e certames

O xurado do concurso Lingua de namorar 2021 reuniuse o venres 26 marzo para elixir as mensaxes gañadoras das categorías A e B, de entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público. Son as seguintes.

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021
15/04/2021 09:00 Premios e certames

O xurado do certame aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas publicadas en Galicia e en Portugal en 2020.

08/04/2021 08:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

06/04/2021 14:00 Premios e certames

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e co patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L, convoca o II Premio de Novela Camiño de Santiago co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.

PRAZO: Ata o 15 de setembro de 2021.
11/03/2021 11:35 Formación

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A)

  • Resolución do 18 de xaneiro de 2021  pola que se anuncia a convocatoria de cursos Celga Ligazón ao DOG
I Concurso
11/03/2021 10:25 Premios e certames

O Grupo Nueva Pescanova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador convocan este certame infantil de relatos en galego co obxectivo de promover o uso da lingua propia de Galicia entre as novas xeracións e a concienciación sobre a importancia de protexer os nosos océanos, mares e recursos mariños desde as idades máis temperás.

PRAZO: Ata o 25 de abril de 2021.
 Nós tamén creamos! 2019/2020 - curtametraxes premiadas
26/01/2021 08:30 Premios e certames

Resolución da IX edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

XVI Xornada de Dinamización Lingüística
13/11/2020 14:40 Formación

A XVI Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados, que este ano se desenvolve por primeira vez pola vía dixital, debido aos efectos da COVID-19.