Temos dispoñibles para consulta 136 contidos
XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)
08/02/2022 11:20 Premios e certames

O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, convoca o XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades).

Concurso Balbino de Relatos
07/02/2022 10:20 Premios e certames

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a sétima edición deste certame literario.

II Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado
19/01/2022 10:20 Premios e certames

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a segunda edición do Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado.

XIII Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto
11/01/2022 12:35 Premios e certames
XVII Xornada de Dinamización Lingüística
09/11/2021 15:15 Formación

A XVII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados. 

Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2021-2022)
02/09/2021 13:30 Formación

Resolución do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2021/22.

PRAZO: Solicitudes ata o 16 de setembro de 2021.
22/06/2021 09:00 Axudas

Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias de Lugo e Ourense que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 

PRAZO: Data límite para presentar a xustificación dos gastos - 30 de xuño de 2021
10/06/2021 16:30 Axudas

Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias da Coruña e Pontevedra que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 

PRAZO: Data límite para presentar a xustificación dos gastos - 30 de xuño de 2021
III Premios de <em>podcasts</em> en galego Xosé Mosquera Pérez
07/06/2021 10:25 Premios e certames

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan os III Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.