#Estiquecantas

Velaquí un proxecto asentado nos audiolibros da obra en galego de Rosalía de Castro. É unha ferramenta para multiplicar a súa voz dede a accesibilidade e a implicación directa coas lectoras e lectores, coas e cos oíntes.

Esta iniciativa de Rebordelos, apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, promove a figura de Rosalía de Castro dun xeito transversal, integral e actual, tanto en forma como en estética. Proporciona diferentes formas de que o público se achegue á obra da nosa autora máis universal, todas orientadas a que a nosa propia voz atope na súa un camiño de descubrimento porque “cando Rosalía escribe, todas e todos soamos na súa voz”: