-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
"O galego crea ambiente" no Festival Vive Nigrán 2019
A Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolve unha campaña de verán dirixida á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa FEST GALICIA
A campaña O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.
Sábado 20 de xullo, no Festival Vive Nigrán (Nigrán, Pontevedra)
Calendario
O galego crea ambiente estará presente nos stands do Fest Galicia en dez festivais, entre xullo e setembro:
Xullo
- Venres 5, no Festival Port América (Caldas de Reis, Pontevedra), das 18:00 ás 20:00 horas
- Sábado 6, no Festival Resurrection Fest (Viveiro, Lugo), das 18:00 ás 20:00 horas
- Venres 19, no 17º Ribeira Sacra (Adegas Regina Viarum, Sober, Lugo), das 13:30 ás 16:30 horas
- Sábado 20, no Festival Vive Nigrán (Nigrán, Pontevedra), das 17:00 ás 19:00 horas
- Venres 26, no Atlantic Fest (A Illa de Arousa, Pontevedra), das 19:30 ás 21:30 horas
- Sábado 27, no Festival Sinsal (Illa de San Simón, Redondela, Pontevedra), das 17:00 ás 19:00 horas
Agosto
- Venres 2, no Festival SonRías Baixas (Bueu, Pontevedra), das 20:00 ás 22:00 horas
- Sábado 10, no Festival Revenidas (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), das 14:00 ás 16:00 horas
Setembro
- Domingo 8, no Festival da Luz (Boimorto, A Coruña), das 17:00 ás 19:00 horas
- Sábado 21, no Festival Caudal Fest (Santiago de Compostela, A Coruña), das 12:00 ás 14:00 horas
FEST Galicia
FEST Galicia é a marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical.
Os principais obxectivos de FEST Galicia son: posicionar os festivais galegos como produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promocionar os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental e facer visibles as boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.