Temos dispoñibles para consulta 440 convocatorias
VIII Premios internacionais de pódcast Xosé Mosquera Pérez, «O Vello dos Contos»
19/01/2026 10:45 Premios e certames

Os VIII Premios internacionais de pódcast Xosé Mosquera Pérez, «O Vello dos Contos», foron organizados polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e Arraianos Producións coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, xunto a outras entidades.

Convocatoria 2026 de 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
22/06/2026 11:15 Formación

ORDE do 8 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2026, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500D
Premio de Oratoria
18/06/2026 11:20 Premios e certames

Organizado pola Fundación Otero Pedrayo e pola Asociación de Amigos de Ramón Otero Pedrayo, conta co patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua, ademais do da cooperativa agraria Coren.

Proposta definitiva de resolución das axudas aos proxectos de fomento do galego dos centros públicos
17/06/2026 13:35 Axudas

Resolución do 23 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500A
Vídeos gañadores Nós tamén creamos! 2025/2026
02/12/2025 16:00 Premios e certames

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2025/2026

Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Portas de entrada e aulas
06/06/2026 10:00 Probas

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
29/05/2026 10:00 Formación

ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500E)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500E
29/05/2026 10:00 Formación

ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 (Código de procedemento PL500F)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500F
Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025-2026
26/05/2026 16:15 Formación

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2025/2026, na cal se establecen as bases reguladoras para realizalos.

XIV Certame de Microrrelatos Feiraco
08/05/2026 11:30 Premios e certames

Un ano máis, coincidindo coas Letras Galegas, a Secretaría Xeral da Lingua e Feiraco Lácteos SL convocan o XIV Certame de Microrrelatos co fin de promover o coñecemento, uso e divulgación do galego desde o eido económico.