Volver

Ciencia en galego

Ciencia en galego

Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarase o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, dende hai sete anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar o 4 de novembro o Día da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.

Cada ano Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dous científicos, un galego e outro estranxeiro, aos que dedicarlle o Día da Ciencia en Galego. Se o pasado ano os investigadores homenaxeados pertencían ao campo da xeoloxía, nesta ocasión son precursores no campo da xenética. O científico estranxeiro é Gregor Mendel, creador desta disciplina, e o científico de ámbito galego é CruzGallástegui, responsable da súa introdución en Galicia. 

 

Celebración da Ciencia en Galego

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística celebra o Día da Ciencia en Galego cunha actividade de dinamización lingüística dirixida a alumnado desecundaria que terá lugar en novembro no Parlamento de Galicia, sede da primeira Misión Biolóxica de Galicia, fundada por Cruz Gallástegui. Na Misión Biolóxica, posteriormente trasladada a Pontevedra, desenvolvería o científico toda a súa actividade investigadora, que orientou á mellora da agricultura e da gandeiría en Galicia.


Na sección dos equipos de dinamización da lingua galega deste web pódese acceder a moitas outros materiais ou actividades que se realizan nos centros educativos para conmemorar o 4 de novembro.