Día Europeo das Linguas

Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.

  • Día Europeo das Linguas

    Día Europeo das Linguas

  • Día Europeo das Linguas

    Día Europeo das Linguas

  • Día Europeo das Linguas

    Día Europeo das Linguas

  • Día Europeo das Linguas

    Día Europeo das Linguas

  • Día Europeo das Linguas

    Día Europeo das Linguas

 

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.

Este ano, Política Lingüística celebra esta data en colaboración co Instituto Camões de Vigo, en cuxa sede terá lugar un concerto multilingüe a cargo de Carolina Rubirosa, compoñente do grupo The Funkles, acompañada polo guitarrista Rafael Otero.

Ademais, para posibilitar que toda a cidadanía poida celebrar o Día Europeo das Linguas, desde esta páxina pódese acceder aos recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega e mais aos materiais que ofrece o Consello de Europa.

Obxectivos da celebración

Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:

  • Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
  • Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
  • Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.

 

Diversidade lingüística en Europa

  • En todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas.
  • A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.
  • Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.