LETRAS GALEGAS
2021 - Xela Arias
Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.
Os seus primeiros anos transcorren na contorna da Granxa de Barreiros, un dos proxectos pedagóxicos de Antonio Fernández López que buscaba integrar a natureza e a cultura galegas na aprendizaxe, na aldea de Ortoá.
En 1965, a familia mudouse a Lugo e ela iniciou os estudos no Colexio Fingoi. Por mor dos compromisos laborais do pai trasladouse máis tarde á parroquia de Sárdoma, en Vigo, onde rematou a ensinanza primaria. Para daquela xa gañara o primeiro premio no VI Concurso de Contos Infantís O Facho.
De 1976 a 1980, cursou o bacharelato e o COU no Instituto Castelao. Neste ano abandonou as aulas e comezou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, onde desempeñou primeiro labores de administración e logo de corrección de estilo e de edición.
Desde 1982, deu a coñecer os seus poemas en recitais, festivais e xornais, revistas e fanzines (Dorna, Faro de Vigo, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada etc.).
En 1986 foi finalista do premio Losada Diéguez co seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio. En 1990 saíu do prelo Tigres coma cabalos, asinado coa súa parella, o fotógrafo e matemático Xulio Gil, e, en 1996, o poemario Darío a diario, dedicado ao seu fillo. De 2003 é a súa derradeira obra, Intempériome.
Exerceu un labor pioneiro no mundo da tradución, ao verter ao galego os textos de Gianni Rodari (Contos ó teléfono), Jorge Amado (O Gato Gaiado e a Andoriña Señá), W. Fernández Flórez (O bosque animado), Roald Dahl (As bruxas) ou Bram Stoker (Drácula); tamén participou na tradución de O Quixote de Cervantes ou Dublineses de Joyce. O seu traballo como tradutora fíxoa merecente de varios premios: o da Sociedade da Língua Portuguesa (1987) por Amor de perdición, de Camilo Castelo Branco; o Ramón Cabanillas (1994) por O derradeiro dos mohicanos, de Fenimore Cooper, e, postumamente, o Plácido Castro (2004) por O Spleen de París, de Baudelaire. Foi membro da Asociación de Tradutores Galegos e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.
Sen abandonar as anteriores ocupacións, en 1991 retomou os estudos para cursar Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e, posteriormente, Galego-Portugués. Desde 1999, exerceu a docencia en distintos institutos da xeografía galega. Foron anos de intensa actividade cultural e implicación cívica, nos que participou nas mobilizacións contra a Guerra de Iraq e a catástrofe do Prestige, na Festa da Muller ou nas Noites Solidarias de Implicadas no Desenvolvemento.
A súa morte en 2003, cando preparaba con Fernando Abreu o proxecto poético e musical Vencerse é cousa de se tratar, ocasionou unha fonda conmoción no mundo cultural, que lle tributou numerosas lembranzas e homenaxes, como a organizada en Vigo en 2004 pola Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Xela Arias anticipou nos anos oitenta moitos temas e características formais da lírica galega da década seguinte. Atreveuse a explorar o diálogo entre a poesía e a fotografía ou a música e procurou novos espazos para ela en recitais, festivais e outras intervencións. A súa é unha poesía urbana, que rompe formalmente co código poético, cunha dimensión social e precursora da escritura de xénero.
Documentos relacionados
-
Programación institucional Letras Galegas 2021 PDF
Ligazóns relacionadas
Exposicións
Actividades dinamizadoras nos centros
CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso (A Coruña)
Mandáronme coa tía Irene...
IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Podcast de homenaxe a Xela Arias
CEIP Raquel Camacho, A Coruña (A Coruña)
Xogos das Letras Galegas
CEIP Mestre Manuel García, Oia (Pontevedra)
Vibrando con Xela
IES Plurilingüe Fontexería, Muros (A Coruña)
Xela nas Ondas (regueifa)
CEIP Plurilingüe Lagostelle, Guitiriz (Lugo)
Intempériome
CPI de Atios, Valdoviño (A Coruña)
Regueifando a Xela Arias
IESP A Cachada, Boiro (A Coruña)
STARgal 21
EOI de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Exóticas - Xela Arias
CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)
Actividades interactivas para NEAE
CEIP Plurilingüe A Cristina, Carballo (A Coruña)
Letras Galegas 2021
CEIP Plurilingüe Souto-Donas, Gondomar (Pontevedra)
Vídeo biográfico de Xela Arias e colaxe
IES Catabois, Ferrol (A Coruña)
Surfeando polos mares de Xela (scape room)
CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Non te amola! (audioconto)
IES María Soliño, Cangas (Pontevedra)
Videocreacións para Xela Arias
CEIP Plurilingüe Souto-Donas, Gondomar (Pontevedra)
Vídeo biográfico de Xela Arias e colaxe
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Actividades interactivas sobre Xela Arias
CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Xela Arias (presentación, encrucillado, pasapalabra...)
IES do Milladoiro, Ames (A Coruña)
Xela Arias no Millafaladoiro (podcast)
CEIP do Carballal, Marín (Pontevedra)
Canto sei!
CPR La Milagrosa, Lugo (Lugo)
Xela Arias
CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada (A Coruña)
Biografía de Xela Arias en pictogramas
CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Brincaletras sobre Xela Arias
Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Festa da Lingua 2021
CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Minilibro de Xela Arias
IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Concurso Europeo de Marcapáxinas de Xela Arias
Seminario Galán (A Coruña)
Material didáctico das Letras Galegas 2021 (Xela Arias)
CPI Dos Dices, Rois (A Coruña)
Telexornal Letras Galegas 2021
CEIP Frei Luís de Granada, Sarria (Lugo)
Querida Xela
CPR Plurilingúe San Pío X (Ourense)
Vida e obra de Xela Arias Castaño
CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)
Autodefinido de Xela Arias
Seminario Galán, A Coruña
Fotografías inéditas de Xela Arias
CPI Plurilingüe dos Dices, Rois (A Coruña)
Telexornal Letras Galegas 2021 (avance)
IES de Chapela, Redondela (Pontevedra)
Independénciome - Homenaxe a Xela Arias
Seminario Galán, A Coruña
Letras Galegas 2021