Versoamos
Curso: 2024-2025
Versoamos é un proxecto de dinamización lingüística e cultural compartido polo CMUS de Vigo, o IES de Coruxo e o CEIP Ría de Vigo, que se iniciou no 2021 e que cada ano vai arrequecéndose con novas actuacións que xiran arredor das Letras Galegas, polo que lle auguramos e desexamos un longo percorrido.
Nestes audiovisuais podemos ver algúns dos produtos resultantes do inxente traballo deste curso: selección de informantes da contorna cantando coplas populares; transcrición, creación e interpretación de novas versións musicais; realización de videoclips con imaxes antigas de Canido; elaboración dos códigos QR; maquetación e instalación de carteis interactivos no Paseo do Vao (Camiño portugués da costa); obradoiros de cantigas e encontros das tres comunidades educativas e a veciñanza etc.