Celga 4 en liña. Resultados provisionais
RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).
Resultados provisionais
Celga 4 en liña: resultados provisionais da proba do día 5 de decembro de 2025
Resolución do 16 de xaneiro de 2026, pola que se publican os resultados provisionais da proba en liña do Celga 4 realizada o día 5 de decembro de 2025.
As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días hábiles, a revisión da proba por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 30 de xaneiro de 2026.
Data de realización da proba
A proba Celga 4 en liña fíxase para o día 5 de decembro de 2025
A proba comezará ás 09.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, de trinta minutos.
Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización.
Listaxes de persoas seleccionadas e de persoas en agarda
As persoas seleccionadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para aboar a taxa de dereitos de exame e presentar o xustificante correspondente
Resolución do 5 de novembro de 2025 pola que se publican as listaxes de persoas seleccionadas e de persoas en garda do Celga 4 en liña
Convocatoria
O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de cen (100). A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia e no propio Portal da Lingua. Se se reciben máis solicitudes ca prazas dispoñibles, a asignación destas farase a través dun sorteo aleatorio puro.
Prazo de presentación de solicitudes (10 días hábiles): do 17 ao 30 de outubro.
Ademais da presentación desta solicitude a través da sede electrónica, as persoas que desexen participar nesta convocatoria tamén deberán presentar unha solicitude de inscrición na proba a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal).
Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os requisitos técnicos indicados na convocatoria.
Con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización. A proba en liña seguirá os mesmos parámetros que as probas presenciais.