Volver

Guía para as persoas candidatas

Este documento contén información de interese sobre as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) que se realizarán en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Esta guía foi concibida como unha ferramenta para facilitar o coñecemento da estrutura, contido, corrección e avaliación das probas Celga para todas aquelas persoas candidatas.

Estas probas están reguladas polo marco legal e administrativo establecido nos seguintes documentos:

  • Lei 3/1985, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo de 1983), pola que se garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como lingua do noso pobo.
  • Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as súas validacións, que se dita para darlle cumprimento á invitación do Consello de Europa. Nela convida os Estados membros a crearen sistemas de homologación das competencias lingüísticas sobre a base do Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MECRL), publicado no 2001.
  • Orde do 16 do xullo de 2007 pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, que derroga os artigos 1, 2, 3, 4, 14, 15, 16, 17, 18 e 19 da Orde do 1 de abril de 2005.
  • Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os devanditos certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)