Probas Celga 2, 3 e 4. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas
RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).
Datas de realización das probas
Celga 4 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.
16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.
Celga 3 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.
Celga 2 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.
Lugares de realización das probas
Santiago de Compostela
IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10
Ponferrada
EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n
Madrid
Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8
Horario de realización das probas
As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.
Proba escrita
Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.
Proba oral
A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra F, agás o día 16 de novembro que se comezará pola letra R. A proba poderá prolongarse até a tarde.
Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas
Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 23 de novembro de 2025
Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Madrid
Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 22 de novembro de 2025
Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Madrid
Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 15 e 16 de novembro de 2025
Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Madrid
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas
Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2025
As probas realizaranse o día 23 de novembro de 2025
Remate do prazo de presentación de emendas: 22 de outubro de 2025
Resolución do 8 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe provisional de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Madrid
Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2025
As probas realizaranse o día 22 de novembro de 2025
Remate do prazo de presentación de emendas: 22 de outubro de 2025
Resolución do 8 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe provisional de persoas excluídas en Ponferrada
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Madrid
Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2025
As probas realizaranse os días 15 e 16 de novembro de 2025
Remate do prazo de presentación de emendas: 22 de outubro de 2025
Resolución do 8 de outubro de 2025 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe provisional de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe provisional de persoas excluídas en Ponferrada
- Listaxe provisional de persoas admitidas en Madrid
Convocatoria
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 15 de setembro ao 3 de outubro.