Ver todos os autores

2006 - Manuel Lugrís Freire

O Día das Letras de 2006 estivo dedicado a Manuel Lugrís Freire a quen Antón Villar Ponte cualificou a Manuel Lugrís como o "benxamín dos Precursores" e, certamente, un dos seus trazos máis definidores foi o de servir de ponte entre os dirixentes máis veteranos do rexionalismo e as máis novas xeracións do nacionalismo que se habían de convocar ao redor do Seminario de Estudos Galegos.

Manuel Lugrís compaxinou o labor culturalista máis xenuino, nas inicativas civis e nas das institucións da nosa cultura como a Academia ou o Seminario, co labor de mobilización e o activismo propagandista nas que salientou como un afervoado e engaiolante orador.

Foi pioneiro no labor normalizador da nosa lingua e forxou a súa autoridade intelectual como académico e presidente da Real Academia pero tamén como poeta, narrador e dramaturgo.

Apurou a súa intelixencia na redacción do que sería o primero Estatuto do autogoberno de Galicia e a súa sabedoría na escrita dos contos de Asieumedre, o seu máis popular pseudónimo.

Lugrís foi colaborador de numerosos xornais e revistas, ademais de crear A Gaita Gallega, elaborou discursos pronunciados en diversos actos rexionalistas, publicou poesía e teatro... pero sobre el tamén se ten escrito. De seguido amosamos as obras que escribiu o homenaxado no Día das Letras de 2006 e tamén unha listaxe de obras sobre a súa figura e de compilación dos seus escritos.

Obras, artigos e discursos de Manuel Lugrís

  • Manuel Lugrís Freire. Escolma de textos Unha compilación realizada por Nélida Cosme Abollo e Dolores Sánchez Vales para Ediciós do Castro.
  • A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire Obra de Xabier Campos Villar editada polo Centro Ramón Piñeiro e a Xunta de Galicia.
  • Non máis emigración Artigo en A Gaita Gallega, 1885
  • Soidades, versos en galego A Habana. 1894.
  • Noitebras A Coruña, 1901.
  • A ponte A Coruña, 1903.
  • O pazo A Coruña, 1903.
  • Minia (drama dun acto en prosa) A Coruña, 1904.
  • Mareira (drama en tres actos en prosa) A Coruña, 1904.
  • Esclavitú (drama en dous actos en prosa) A Coruña, 1906.
  • La ofrenda, o los folletos verdes de Don Pepiño (sainete rápido) A Nosa Terra, 1908.
  • Ir por Lan A Nosa Terra, 1909.
  • Contos (Por Asieumedre) A Coruña, 1909.
  • Estadeíña (comedia en dúas xornadas, en prosa) A Coruña, 1919.
  • Versos de loita Incluído na colección ¡Terra a nosa!, publicada na Coruña en 1919.
  • Gramática do idioma galego A Coruña, 1922.
  • Ardencias A Coruña, 1927.
  • As mariñas de Sada, homenaxe á sociedade Incluído no volume Sada y sus contornos. A Coruña, 1928.
  • Muiñeira para canto y piano, o piano sólo Letra para muiñeiras escrita por Lugrís.
  • A costureira d'aldea

Libros sobre Manuel Lugrís

  • Manuel Lugrís Freire Reseña biográfica de Henrique Rabuñal editada por A Nosa Terra.
  • Lugrís Freire, unha biografía Reseña biográfica do autor homenaxado nas Letras 2006, da autoría de Xabier Campos e publicada pola editorial Galaxia.
  • Manuel Lugrís Freire. A fe na causa Publicado por Baía Edicións e escrito por Xosé Manuel Fernández Costas.
  • Manuel Lugrís Freire. Vida e obra Unha monografía rigorosa e divulgativa publicada por Edicións Xerais e escrita por Ramón Nicolás.
  • Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía Publicada por Edicións Xerais, escrita por Ramón Nicolás e ilustrada por Fino Lorenzo.
  • O teatro de Manuel Lugrís Freire Publicada por Ediciós do Castro, en 1991, e escrita por Francisco Pillado.