Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 5. Cal prefires?

Móstrelles aos seus estudantes a fotografía da portadiña e pregúntelles se saben onde se atopa o home que aparece nela

Acepte como válidas respostas como mercado, lonxa ou praza. Despois, chame a atención do alumnado sobre o que ten na man o home: dúas cigalas. Aproveite para introducir o tema das compras e de que aparece vocabulario relacionado con ese ámbito como mercar, caro/barato, consumir…

Faga mención ao título da unidade e apóiese na fotografía para explicalo se fose necesario. Asegúrese de que aparece o termo escoller.

Por último, presente os obxectivos e a tarefa final da unidade: facer unha lista das cousas que necesitan para pasar unha fin de semana fóra e decidir como as conseguen.